Ola :) O primeiro, benvidxs. Somos Dani e Fani, unha parella á que, coma bos galegos, encántanos disfrutar da boa comida, o que unido á nosa paixón por descubrir lugares e facer da nosa vida algo para lembrar, lanzounos a crear este blog. Pero, ¿por que ratos e anacos? Queríamos algo que non nos restrinxira a unha temática concreta e que, á vez, nos identificase. Eliximos 'ratos' porque nos encanta o queixo e é o noso mote dende sempre e tamén representa unha 'porción de tempo'. Por outro lado, 'anacos' elixímolo porque significa 'pedazo'.
Así, o que pretendemos neste pequeno recuncho é que pasedes un 'rato' agradable con nós, coas nosas imaxes, cos nosos relatos... En definitiva, cos 'pedazos' da nosa vida: viaxes, receitas... e un sinfín de cousas máis que esperamos que sexan do voso agrado.
Esta son eu, Estefanía, aínda que podedes chamarme Fani. Teño 23 anos e vivo en A Coruña, a ciudade de cristal. Son graduada en Educación Infantil e actualmente estou preparando as oposicións para formar parte da escola pública, que espero aprobar canto antes (¡oxalá!).
Existen tres cousas favoritas para min na vida: a fotografía, a comida e as viaxes. E non podo elixir entre ninguna porque todas están relacionadas. A fotografía encántame e pasei das cámaras de usar e tirar, ás compactas dixitales e ás réflex. En 2010 regaláronme a primeira, a Olympus E-420, que aínda conservo. Anos máis tarde adquirín a que temos actualmente, a Nikon D5100, con tres obxectivos: o 18-55 f/3.5-5.6, unha focal fixa de 35mm f/1.8 e un teleobxetivo 55/200 f/4-5.6. Ademais, temos unha cámara actuática (SJ4000) e unha instantánea, a Instax mini 9, ademais de múltiples accesorios e os nosos móbiles. O que máis me gusta dentro dela son os retratos (sacar e que me saquen :P), ainda que tamén me encanta á de rúa e a culinaria.
E é que outra das cousas favoritísimas para min é a comida. Desfruto comendo e cocinando e a pesar de que fai anos a miña debilidade eran os doces, agora decántome polo salgado, sendo a miña comida favorita o sushi; aínda que tamén me encanta a pizza vexetal, a pasta e as croquetas de miña nai.
E, relacionado con isto, tamén vos podo falar da miña terceira cousa favorita: viaxar. Porque, alá onde vou, gústame probar os platos típicos, coma o mate e os alfajores de Argentina e o fish and chips de Irlanda. E, aínda que poña estes remotos exemplos, tamén me encanta descubrir a gastronomía e lugares locais, que en Galicia temos moito do bonito e do bo, xa veredes.
E este son eu: Dani. Teño 25 anos e vivo preto da cidade de A Coruña. Estou estudando un doble grao de Filoloxía en Galego-Portugués e Inglés. Obviamente encántanme os idiomas, a historia e a literatura (a cal ata agora tiven sempre máis descolgada). Os idiomas para min canto máis raros, mellor: irlandés, gaélico, islandés, galés... fáltanme dedos para contalos! Aínda que empecei en filoloxía por inglés, os meus intereses foron cambiando máis cara o propio, o enxebre. Por iso a miña intención é chegar a ser profesor de lingua e literatura galega na ESO. Outro dos meus obxectivos é chegar a ser escritor en galego para contribuir a manter a miña cultura viva e forte.
Desde fai uns anos son defensor da natureza, sobretodo da miña terra. Intento crear cada vez menos impacto nela e axudar a protexela e recuperala. O ano pasado plantei catro carballos en terreos dos meus avós, na Costa da Morte, e este ano planeo plantar máis especies (xa vos iremos contando).
O meu corazón é galego. Pero non negarei que tamén lle fago olliños a Irlanda con moito gusto. Estou namorado de Eire, e Fani pode dar boa conta diso. Tiven a oportunidade de pasar un fin de semana nunha Gaeltacht (zona de fala gaélica) durante o meu Erasmus en Cork e recoméndovos moito esa experiencia.
Ao igual que a Fani, encántame comer. A comida é para min algo sagrado. Sempre fun de salgado máis que de doce, pero a tarta de queixo posiciónase alto como unha das miñas comidas favoritas, aínda que os canelóns de mamá teñen o podio.

Poderíamos dicir mil cousas máis, pero faríase eterno. Pouco a pouco iredes descubrindo máis cousas sobre nós e sobre o que nos gusta. Esperámosvos! :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario